➢Ciclo de CINE de TEMÁTICA MARÍTIMA e FLUVIAL
CINES VIVEIRO. Entrada libre, por cortesía da empresa cinematográfica.
SESIÓN VERMÚCINE
12:00 horas
Arte e oficio da dorna
Dir. Vítor Galego
Cadernas da Historia Producións
Documental. 2013
Duración 24 minutos
Apta para todos os públicos
Sinopse:
A sabiduría que atesouran os carpinteiros de ribeira amósase neste documentario nunha dobre perspectiva: a construción dunha dorna e a navegación e pesca cunha modesta embarcación que resultou ser unha impresionante obra de enxeñería popular.
12.30 horas
Traíñas
Dir. Vítor Galego
Cadernas da Historia Producións
Documental. 2014
Duración 30 minutos
Apta para todos os públicos
Sinopse:
Antiga embarcación que deu paso no século XVIII á produción pesqueira industrializada, polos fomentadores cataláns… Agora resgatada para usos deportivos, a traíña ten neste documental unha reflexión triple: a pesqueira, a tipoloxía de embarcación a remos e a deportiva que tanta afección move dende A Guardia ata o golfo de Viscaia.
SESIÓN DE TARDE
18:00 horas
Douro Faina Fluvial
Dir. Manoel de Oliveira
Filmoteca de Portugal
Documentario ficcional, 1931
Duración 20 minutos
Non aconsellable para menores de trece anos
Sinopse:
Ópera prima do realizador portugués Manoel de Oliveira. Fermosísimo documentario das luces e sombras do río Douro ao seu paso pola cidade do Porto. O negro e branco, e a cinematografía aínda exenta de son, fai desta obra unha das máis sólidas propostas do cinema realista europeo de entre as dúas grandes guerras.
Apta para todos os públicos
19.00 h.
Aillados
Dir. Antonio Caeiro
Buxo Producións
Documental
Duración 70 minutos
Sinopse:
En 1936, o antigo lazareto da Illa de San Simón dá paso a un campo de concentración onde se amorean, en penosas condicións, ata dous mil presos políticos. As emocións, os silenciaos e as voces dalgúns dos protagonistas desta historia que é memoria e testemuño da infamia cometida polos que xuraran defender a lei que acataran….
Apta para todos os públicos
20.30 h.
O Novo Endem
Dir. Marco F. Gallego
Sagas Producións
Ficción. 2008
Duración 70 minutos
Non aconsellable para menores de trece anos
Sinopse:
A epopeia dun pesqueiro con base no Grove que con 18 homes abordo fuxe en 1937 con rumbo ao Cantábrico, onde fai base en Celeiro, indo aparentemente á costeira do bonito, en realidade fuxindo da complicada situación da guerra española, e botando trinta anos por diferentes mares do mundo, ora como barco de guerra, ora pescando… mentres o franquismo permanecía atento á súa captura e á represión dos fuxidos por mar.